martes, 26 de mayo de 2015

VENRES 29 DE MAIO DE 2015: A CICATRIZ BRANCA





VENRES 29 DE MAIO DE 2015: 
"A CICATRIZ BRANCA"

(GALICIA, 2012)
  92 MINUTOS
20:00 e 22:30 
(Idioma: Galego)
PREZO ENTRADAS: 3€
AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO






SINOPSE:

Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e, entre lusco e fusco, despedida. Sen lugar onde ir nin a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites encrequenada na Estación Constitución onde a súa vida entrenza coa de outras migrantes. Á par dun traballo na fábrica Mil8, Merce casa, asiste a clases de contabilidade nalgunha das Sociedades Galegas mais un bo día a norma esnaquiza por algo tan simple como prendarse dunha situación que aínda non é quen de nomear.

                                              
FICHA TECNICA
Dirección: Margarita Ledo Antón
Guión: Margarita Ledo Antón
Produción: Nós, Produtora Cinematográfica Galega, Haddok Films e CRTVG
Dirección de Fotografía: Pablo Cayuela Miguel
Montaxe: Ramiro Ledo Cordeiro
Música: Abe Rábade


               
FICHA ARTÍSTICA
Eva Veiga
Xavier Deive
Lino Braxe
Tamar Novás
Margarita Fernández
Mónica Camaño
Xoana Pintos
Clotilde Iglesias


A directora, Margarita Ledo Antón 
(Castro de Rei, Lugo, España, 1951)
Poeta e escritora, da súa novela Porta Blindada (Edicións Xerais, Vigo,1990) sae a personaxe masculina central do filme A cicatriz branca; investigadora e autora de obras sobre cinema autoral como Cine de fotógrafos (Gustavo Gili, Barcelona, 2005), Premio Espais d’Art Comtemporani; cineasta experimental en Illa (2009) ou en Cienfuegos, 1913 (2009); axitadora política e feminista, fai dialogar todo o que na historia ficou sen desenvolver nos seus documentarios Santa Liberdade (Galiza/Brasil/Venezuela, 2004) e en Liste, pronunciado Líster (Galiza,2005), para desenvolver proxectos académicos en torno ás pequenas cinematografías, as políticas da diversidade e os novos modos de consumo cultural. É catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, numeraria da Real Academia Galega, preside e co-preside diferentes asociacións científicas locais e internacionais no eido das ciencias da comunicación, e coñeceu o exilio durante a ditadura franquista.


 “Hai moitas diferenzas entre a emigración da muller e do home. Unha das principais é que a emigración feminina nunca ten retorno, sobre todo se a muller non casa. A emigración para a muller é sempre unha expulsión. En que sentido? Había moitísimos casos nos que a muller tiña que marchar por mor dunha agresión sexual. Pola agresión en si mesma ou porque o agresor non podía ser acusado publicamente por cuestións sociais. Por exemplo, persoas vencelladas á Igrexa católica. Iso producía a expulsión da muller, era mandada fóra para que nunca se soubese nada. Despois, evidentemente, están os motivos económicos e de subsistencia que obrigan a emigrar. Nese caso, o retorno só se podería producir se era triunfante. E triunfante implicaba un marido. O triunfo que marcaba o regreso, en moitos casos, era simplemente estar casada, volver cun marido. En calquera caso, a emigración para a muller era unha viaxe ao abismo. E, en moitos casos, tamén se producían feitos como a incorporación da muller emigrada ás redes de trata, mesmo por parte de familiares. Ese caso concreto, esa incorporación ás redes de trata, é un fenómeno que seguimos en presente con outras emigracións. Tamén pasou no caso de Galicia.”
Margarita Ledo Antón

miércoles, 20 de mayo de 2015

TIMBUKTU + Memento Mori (Curtametraxe)


VENRES 22 DE MAIO DE 2015: 

"TIMBUKTU" + Memento Mori (Curtametraxe)


Título orixinal: 
Le chagrin des oiseaux
(MAURITANIA, 2014)

  100 MINUTOS
  20:00 e 22:30 
(Idioma: Español)
PREZO ENTRADAS:  3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
5€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO



SINOPSE:
Ano 2012, a cidade maliense de Tombuctú caeu en mans de extremistas relixiosos. Kidane vive tranquilamente nas dunas coa súa esposa Satima, a súa filla Toya e Issam, un neno pastor de 12 anos. Pero na cidade os habitantes padecen o réxime de terror imposto polos xihadistas: prohibido escoitar música, reír, fumar e incluso xogar ao fútbol. As mulleres convertéronse en sombras que intentan resistir con dignidade. Cada día, uns tribunais islamistas improvisados lanzan sentenzas tan absurdas como tráxicas. O caos que reina en Tombuctú non parece afectar a Kidane ata o día en que accidentalmente mata a Amadou, un pescador que acabou coa vida da súa vaca favorita. Agora debe enfrontarse ás leis impostas polos ocupantes estranxeiros. 




FICHA TÉCNICA
Dirección: Abderrahmane Sissako
Guión: Abderrahmane Sissako e Kessen Tall
Produción: Etienne Comar e Sylvie Pialat
Deseño de Produción: Sebastian Birchler
Dirección de Fotografía: Sofiane El Fani
Montaxe: Nadia Ben Rachid
Música: Amin Bouhafa
               
FICHA  ARTÍSTICA
Abel Jafri
Hichem Yacoubi
Ketty Nöel
Mehdi A. G. Mohamed
Toulou Kiki
Ibrahim Ahmed
Layla Walet Mohamed
Fatoumata Diawara



Galardóns:
·   Premios Cesar: 7 premios, incluíndo Mellor Película e Director
·   Festival de Cannes: Premio Ecuménico do Xurado e Premio François Chalais (Abderrahmane Sissako)



O director, Abderrahmane Sissako 
(Kiffa, Mauritania, 1961)
Director, guionista e produtor nado en Mauritania, aínda que emigrado coa súa familia a temprana idade a Mali. Estudou cine en Moscova, no VGIK (Instituto Federal de Cine). Posteriormente, asentouse en Francia nos anos 90 do século pasado, onde desenvolve a súa carreira.

Tras participar no aspecto técnico de varias películas e dirixir algunhas curtametraxes, a súa opera prima é La vie sur terre (1998), coa que xa obtén varios premios en festivais internacionais. Éxito que repetiría con Waiting for Hapiness (2002), recibindo premios en Cannes e Xixón.
Ademais do seu traballo no mundo do cine, Abderrahmane Sissako traballa tamén coma consultor cultural do presidente de Mauritania Mohamed Ould Abdel Aziz.

MEMENTO MORI
Antes do filme proxectarase esta curtametraxe galega dirixida por Marisa Otero.
A directora virá presentala acompaña por parte do elenco de actores que participou nela.

martes, 12 de mayo de 2015

O PEQUENO MAGO


SÁBADO 16 E DOMINGO 17 DE MAIO DE 2015:
Cinemas de Galicia: "O PEQUENO MAGO"

(Galicia, 2014)

TÓDOLOS PÚBLICOS  
115 MINUTOS
SÁBADO 16 E DOMINGO 17: 5 DA TARDE 
(Idioma: Galego)

PREZO ENTRADAS:
  
3€ 
AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO



SINOPSE

Uns piratas normandos asaltan o barco de Pedro Cabaledo, pero o seu fillo Bieito Dubidoso consegue, recurrindo á maxia, que os corsarios fuxan despavoridos. A raíz deste feito, a súa fama exténdese, coñece a Destreza, a súa inseparable compañeira e gaña a admiración de todos. Sen embargo, o bispo Xoan, dono e señor da cidade, non lle perdoará que puxera en evidencia a súa covardía diante do seus vasalos. 


DirectorRoque Cameselle
Guión: Roque Cameselle
Música: Miguel Cordeiro, Marc Timón


Venres 15 de maio: "DIPLOMACIA"

VENRES 15 DE MAIO DE 2015:
DIPLOMACIA
Título orixinal: Diplomatie

(FRANCIA, 2014)

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 7 ANOS
80 MINUTOS

20:00 e 22:30 
(Idioma: Español)
PREZO ENTRADAS:
  
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
5€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO


SINOPSE
O cónsul sueco (Dussollier) debe entrevistarse no hotel Meurice con Dietrich von Choltitz (Arestrup), o gobernador militar alemán de París, membro dunha linaxe de militares prusianos moi disciplinados. A misión do cónsul consiste en convencer ao xeneral para que non execute a orde de activar os explosivos que farían voar os principais monumentos da capital francesa: o Louvre, Nôtre-Dame, a Torre Eiffel, etc. Trátase de impedir que "arda París", como ordenou Hitler.




FICHA TÉCNICA
Dirección: Volker Schlöndorff
Guión: Cyril Gely e Volker Schlöndorff, baseado na propia obra teatral de Cyril Gely.
Produción: Marc de Bayser e Frank Le Wita
Deseño de Produción: Jacques Rouxel
Dirección de Fotografía: Michel Amathieu
Montaxe: Virgine Bruant
Música: Jörg Lember

FICHA  ARTÍSTICA
André Dussollier
Niels Arestrup
Robert Stadlober
Paula Beer
Burghart Klaussner
Charlie Nelson
Jean-Marc Roulot 



Galardóns
·   Premios Cesar: Mellor Guión Adaptado
·   Seminci de Valladolid: Mellor Directo e Mellor Actor (Niels Arstrup)



O director, Volker Schlöndorff 
(Wiesbaden, Hesse, Alemaña, 1939)

Director, guionista e produtor alemán, de formación francesa. Estudou Economía e Ciencias Políticas na Sorbona, e posteriormente Dirección no Instituto de Altos Estudos Cinematográficos de París, e comezou no mundo do cine coma axudante de director, en proxectos levados a cabo por directores tan importantes coma Jean-Pierre Melville, Louis Malle ou Alain Resnais.
Debuta na dirección con El joven Torless (1966), coa que obtén diversos premios en festivais, entre eles o premio FRIPESCI en Cannes. Tras dirixir outros proxectos, incluso para a televisión, en 1973 fundou a súa propia produtora, Bioskop Film. E en 1979 acada o que sería o seu grande éxito, El tambor de hojalata, adaptación da novela homónima de Günter Grass.

Continúa dirixindo outras longametraxes, coma Círculo de engaños (1981), El ogro (1996) ou El noveno día (2004), así como documentais: Der Kandidat (1980), The Michael Nyman Songbook (1992) ou Billy Wilder habla (2006)

jueves, 7 de mayo de 2015

"SAMBA" (Olivier Nakache, Eric Toledano, 2014) Venres 8 De Maio de 2015

VENRES 8 DE MAIO DE 2015: "SAMBA"

(FRANCIA, 2014)

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 7 ANOS
  115 MINUTOS

  VENRES 8 DE MAIO

  20:00 e 22:30 
(Idioma: Español)

PREZO ENTRADAS:
  
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
5€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO
SINOPSE:
Dez anos atrás, Samba chegou a Francia dende Senegal e dende sempre tivo empregos humildes. Alice é unha executiva que está pasando por unha mala racha e sofre de fatiga e agotamento. Ambolos dous loitan por sair do seu labirinto. Mentres Samba está disposto a facer o que sexa para sair da situación no que está envolto e conseguir os papeis de residencia, Alice intenta recuperar a súa vida. Ao final, o destino fai que os seus destinos se crucen.
FICHA TÉCNICA:
Dirección: Olivier Nakache, Eric Toledano
Guión: Olivier Nakache, Eric Toledano
Produción: Gaumont / Quad Productions / Ten Films
Dirección de Fotografía: Stéphane Fontaine


FICHA ARTÍSTICA:
Omar Sy (Samba), Charlotte Gainsbourg (Alice), Tahar Rahim (Wilson), Izïa Higelin (Manu)
 PREMIOS: 
2014: Premios César: Nominada a Mellor actriz secundaria (Izia Higelin)

2014: Festival de San Sebastián: Sección oficial de longametraxes (Clausura)



Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años