domingo, 30 de noviembre de 2014

Only Lovers Left Alive - Solo los amantes sobreviven

SOLO LOS AMANTES SOBREVIVEN 

(Only Lovers Left Alive)

(REINO UNIDO, 2013)
Estreno en España: 6 de xuño de 2014

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS

123 MINUTOS

VENRES 5 DE DECEMBRO
20:00h (español) 
23:00h (VOS)

PREZO ENTRADAS: 
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS 
5€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO




SINOPSE
Ambientada nun Detroit e Tánxer romanticamente desoladas, Adam, un músico underground profundamente deprimido pola dirección que tomaron os actos da humanidade, xúntase coa súa dura e enigmática amante, Eve, quen non ten problemas en recoñecer a súa condición de vampiro. A súa historia de amor prevaleceu polo menos durante varios séculos, pero o seu libertino idilio pronto é interrompido pola chegada de Ava, a salvaxe e incontrolable irmá menor daquela. A medida que o seu mundo se esborralla ao seu arredor, poderán estas astutas pero fráxiles criaturas da noite seguir existindo antes de que sexa demasiado tarde?


GALARDÓNS

2013: Festival de Cannes: Sección oficial largometrajes a concurso
2013: Festival de Sitges: Premio Especial del Jurado
2014: Independent Spirit Awards: 2 nominaciones incluyendo Mejor actriz (Swinton)





martes, 25 de noviembre de 2014

VENRES 28: "PELO MALO" e "El orden de las cosas"

(Venezuela, 2013)
  NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS
93 MINUTOS
VENRES 28 DE NOVEMBRO
20:00h
23:00h

PREZO ENTRADAS: 
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS 
5€ TRABALLADORES

Tamén proxectaremos a curtametraxe "El orden de las cosas"  en relación co Día Contra Á Violencia de Xénero
http://www.elordendelascosas.com/

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

 

SINOPSE
Junior é un rapaz de nove anos que ten o pelo rizo. El quere alisalo para a foto do anuario da escola, xa que así o levan os cantantes pop que están de moda. Esta circunstancia lévao a enfrontarse coa súa nai.
O que Junior quere é poñerse guapo para que a súa nai o queira, pero ela rexéitao cada vez máis.

 GALARDÓNS

·   Festival de San Sebastián: Concha de Oro

·   Festival de Mar de Plata: Mellor Director e Mellor Guión


CRÍTICAS INTERNET

CRÍTICAS ESPECTADORES

CRÍTICAS REVISTAS

FICHA ARTÍSTICA
FICHA TÉCNICA
Director: Mariana Rondón Guión: Mariana Rondón
 Dirección de Fotografía: Micaela Cajahuaringa
Música: Camilo Froideval

A directora, Mariana Rondón

(Barqusimeto, Venezuela, 1966)

Directora, guionista, produtora, artista plástica. Logo de estudar cine de animación en París, gradúase na primeira xeración da Escuela de Cine EICTV, Cuba. A súa curtametraxe Calle 22 recorre o mundo, recibindo 22 premios internacionais. A súa primeira longametraxe A LA MEDIA NOCHE Y MEDIA (2000), co-dirixida con Marité Ugás, foi presentada en máis de 40 festivais internacionais, recibindo premios de Opera Prima.
En 2007 estrea POSTALES DE LENINGRADO con 25 premios internacionais. En 2013 estrea PELO MALO gañadora da CONCHA DE ORO á Mellor Película do Festival de San Sebastián. Ademais gaña varios premios en dirección e guión en festivais como Mar Del Plata, Torino, Thessaloniki ou Viña del Mar.

Como produtora, crea SUDACA FILMS a inicios dos 90, xunto con Marité Ugás. Ambas, directoras e guionistas, intercambian o rol de produción en cada novo proxecto. En 2011 produce EL CHICO QUE MIENTE, dirixida por M. Ugás e estreada no Festival de Berlin. Actualmente produce Contactado. Nas Artes Plásticas, o seu proxecto de robótica LLEGASTE CON LA BRISA (premio Fundación Telefónica) foi exhibido en Caracas, Ciudad de México, Puebla, Gijón, Lima, Santiago e Beijing. 
Actualmente traballa na instalación interactiva SUPERBLOQUES.

martes, 18 de noviembre de 2014

Venres 21 de novembro - Aprendiz de Gigoló

APRENDIZ DE GIGOLÓ

(Fading Gigoló)

(EEUU, 2013)
Estreno en España: 7 de abril de 2014

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS

98 MINUTOS

VENRES 21 DE NOVEMBRO

20:00h (español) 
23:00h (VOS)

PREZO ENTRADAS: 
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS 
5€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

SINOPSE
Dous amigos xudeus de idade avanzada, Murray e Fiovarante, atópanse nunha desesperada situación financeira. Deciden entón probar sorte co negocio da prostitución masculina, un coma gigoló e o outro coma “representante”.
Pero o asunto non será ben visto na comunidade xudea na que viven.




TRAILER ESPAÑOL

TRAILER VOSE


CRÍTICAS INTERNET
CRÍTICAS ESPECTADORES

CRÍTICAS REVISTAS

FICHA ARTÍSTICA

FICHA TÉCNICA
Director: John Turturro Guión: John Turturro Produción: Bill Block, Paul Hanson e Jeffrey Kusama-Hinte  Dirección de Fotografía: Marco Pontecorvo Deseño de Producción: Lester Cohen Montaxe: Simona Paggi Música: Abraham Laboriel e Bill Maxwell

O director, John Turturro

(Brooklyn, New York, EEUU, 1957)

Nacido en Brooklyn, de pais italo-americanos, tras graduarse na universidade de Nova York, conseguiu unha beca para estudar Belas Artes na Escola de Drama de Yale, onde se titulou como actor.
Debutou na década dos 80 con pequenos papeis no teatro e no cine, ata que chamou a atención do director Spike Lee, lanzando a súa carreira co personaxe de Pino na película Haz lo que debas (1989). A partir de aí, máis de 50 películas con directores coma os irmáns Coen: Muerte entre las flores (1990) ou Barton Fink (1991); Robert Redford: Quiz Show (1994); John Dahl: Rounders (1998); ou Nicolas Winding Refn: Fear X (2003), sendo un dos actores secundarios mais recoñecidos e destacados do actual cine norteamericano.
Debutou coma director con Mac (1992), drama que tamén escribiu e interpretou, baseándose na vida do seu propio pai, obtendo o premio ao mellor director novel en Cannes. Posteriormente dirixiu outros filmes como Illuminata (1998), Romance & Cigarettes (2005) e Passione (2010).

lunes, 17 de noviembre de 2014

Venres 21 de novembro - Cinemas de Galicia: A tropa de trapo na selva Arcoiris (Cine Infantil)

A tropa de trapo na selva Arcoiris

(España, 2014)
Estreno en España: 28 abril de 2014

Apta para tódolos públicos, especialmente recomendada para a infancia

75 MINUTOS

VENRES 21 DE NOVEMBRO
PELÍCULA INCLUÍDA NO CIRCUITO DE "CINEMAS DE GALICIA"

18:00 (Galego)

PREZO ENTRADAS: 
3€

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO




SINOPSE

"A tropa de trapo", un grupo de mascotas formado por unha vaquiña, unha xirafa, un oso, unha porquiña, un can e un paxaro, sinte a necesidade de axudar aos animais que teñen moitas dificultades para sobrevivir. Para iso, organizan unha expedición solidaria que os llevará ata a selva do Arcoiris. Terán que facer acopio de todo o seu inxenio, coñecemento e esforzo para salvar ao Arcoiris que simboliza os soños e os xogos. 




Xoves 20 de novembro - Cinemas de Galicia : Pozitia copilului (Madre e Hijo)

Ver análise do filme en "Días de Cine"
Pozitia copilului
(Madre e hijo)
(Rumanía, 2013)
Estreno en España: 23 maio de 2014

Non recomendada para menores de 12 anos

112 MINUTOS

XOVES 20 DE NOVEMBRO
PELÍCULA INCLUÍDA NO CIRCUITO DE "CINEMAS DE GALICIA"


20:00h (español)
22:00h (VOSE)

PREZO ENTRADAS: 
3€

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO





Galardóns:
2013: Festival de Berlín: Oso de Oro (mejor película)
2013: Premios del Cine Europeo: Nominada a mejor actriz (Luminita Gheorghiu)
2013: Premio Fipresci en Berlín




SINOPSE

Cornelia ten 60 anos e síntese infeliz desde que o seu fillo Barbu, 34 anos, decidiu ser independiente a toda costa. Mudouse a un apartamento, ten coche propio, unha moza que non o merece, segundo Cornelia, e peor que todo o anterior, evita a súa cariñosa nai sempre que é posible. Cando esta se entera de que o seu adorado Barbu está involucrado nun tráxico accidente, usará tódalas súas habilidades, contactos e diñeiro para impedir que o seu fillo vaia ao cárcere. A cambio, está convencida de que volverá ao redil e será el neno dependente de antes. Non parece unha tarefa imposible, dada a conmoción pola que Barbu aparenta pasar. 
Pero ¿ónde está a delgada fronteira que separa o amor materno da manipulación egocéntrica? ¿Poderá Cornelia cortar o cordón umbilical e liberalo?


FICHA TÉCNICA
Dirección: Calin Peter Netzer
Guión: Razvan Radulescu, Calin Peter Netzer
Produción: Ada Solomon y Calin Peter Netzer
Dirección de Fotografía: Dagmar Waver-Madsen
Deseño de Producción: Malina Ionescu
Montaxe: Dana Lucretia Bunescu.
FotografíaAndrei Butica
Vestuario: Irina Marinescu


FICHA  ARTÍSTICA

TRAILER ESPAÑOL




TRÁILER VOS


CRÍTICAS 


lunes, 10 de noviembre de 2014

Venres 14 de novembro - "10.000 km"


10.000 Km
(españa, 2014)

Non recomendada para menores de 12 anos

98 MINUTOS

VENRES 14 DE NOVEMBRO

20:00h
23:00h

PREZO ENTRADAS: 
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS 
5€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


Galardóns:
Festival Málaga 2014: 5 premios, incluíndo Mellor Película, Director e Actriz



SINOPSE


Alex e Sergi, unha sólida parella de Barcelona, acaricia a idea de ter un fillo, pero inesperadamente, Alex consegue unha beca de un ano en Los Ángeles, o que suporía un ano de relación a 10.000 kilómetros de distancia. 




FICHA TÉCNICA
Dirección: Carlos Marqués-Marcet
Guión: Carlos Marqués-Marcet e Clara Roquet
Produción: Toño Folguera e Sergi Moreno
Dirección de Fotografía: Dagmar Waver-Madsen
Deseño de Producción: Laia Ateca
Montaxe: Juliana Montañés e Carlos Marqués-Marcet

FICHA  ARTÍSTICA
Natalia Tena
David Verdaguer

TRÁILER


O director, Carlos Marqués-Marcet (Barcelona, España, 1983)

Nacido e formado en Barcelona, a personalidade de Carlos Marques-Marcet como cineasta comezou a desenvolverse moi cedo. O éxito obtido coas súas primeiras curtametraxes permítelle participar en talleres de cine xunto a grandes directores como Victor Erice ou Abbas Kiarostami.

Tras obter a beca da Fundación la Caixa, instálase en Los Ángeles para cursar estudios de máster de dirección cinematográfica na facultade de cine e televisión de UCLA. Na súa traxectoria americana realizou varias curtametraxes, destacando I’ll be alone (2010) e Yellow Ribbon (2012) premiada en múltiples festivais e pola asociación de Directores Norteamericanos, a prestixiosa DGA. 10.000 km é o seu debut no mundo das longametraxes.

Carlos es membro fundador de La Panda Productions.


CRÍTICAS
“Unha película de prantexamento aparentemente sinxelo pero de moi longo alcance (…) un relato emocionante e doente” (Álex Montoya, Fotogramas)
“O film reflexiona igualmente sobre todos os dilemas que envolven unha relación de parella, as metas antagónicas, as necesidades que se aplacan e as urxencias que devoran, con ou sen Skype. ” (Quim Casa, Dirigido por…)
“A autopsia a unha relación tan cercana e lonxana a un tempo (…) A parella protagonista é espléndida.” (E. Rodríguez Marchante, Diario ABC)

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años