jueves, 28 de noviembre de 2013

MUD

MUD

NRM - 12 anos
129 MINUTOS
VENRES 29 DE NOVEMBRO DE 2013
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS:10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

SINOPSE
Nunha illa do Mississippi, dous rapaces descobren a un fuxitivo chamado Mud. Matou un home para  pritexer ao amor da súa vida, Juniper, e agora ocúltase  dos cazadores de recompensas. Os rapaces acceden a  axudalo a reunirse con Juniper e preparar a súa fuxida xuntos, sen saber que a aparición de Mud significará o fin das súas infancias.





FICHA TÉCNICA

Dirección: Jeff Nichols Guion: Jeff Nichols Producción: Lisa Maria Falcone, Sarah Green e Aaron Ryder
Dirección de fotografía: Adam Stone Deseño de producción: Richard A. Wright Montaxe:Julie Monroe
Música: David Wing
Título orixinal: Mud
Duración: 129'
Ano: 2012
País: EE.UU. 
Idioma: Español
FICHA ARTÍSTICA 

Matthew McConaughey
Sam Shepard
Reese Witherspoon
Ty Sheridan
Jacob Lofland
Sarah Paulson
Michael Shannon
Joe Don Baker


NOMINACIÓN
· Nominado a la Palma de Oro en el Festival de Cannes 2012: Jeff Nichols
 



O director, Jeff Nichols (Little Rock, Arkansas,EEUU, 1978)

Director e guionista graduado en Dirección de Cine pola Escola de Arte de Carolina do Norte. Debuta coa película Shotgun Stories (2007), estreada no Festival Internacional de Berlín, coa que gaña o premio FRIPESCI do xurado no Festival de Venecia. 
En 2011 dirixe a súa segunda película Take Shelter, estreada en Sundance e coa que obtén o premio FRIPESCI e o premio da crítica no Festival de Cannes. Mud tamén foi nominada para a Palma de Oro no festival de Cannes.

CRÍTICAS

“Un precioso retrato adolescente (…) Nichols describe admirablemente a fascinación destes rapaces cara o perigo descoñecido” (Carlos Boyero, El País)

“Os escenarios están descritos con man mestra, o ton funde admirablemente dureza e tenrura (e tristura) e os personaxes están contemplados cunha serena humanidade e prodixiosamente interpretados” (Jordi Batlle Caminal, La Vanguardia)

“Se a palícula comeza con ecos de Dickens e certezas de Mark Twain, rapidamente xira cara outros camiños e recunchos argumentais para trazar un mapa bastante aproximado da infelicidade humana” (Quim Casas, Dirigido por…

miércoles, 20 de noviembre de 2013

The Act of Killing

THE ACT OF KILLING
NRM - 16 anos
115 MINUTOS
VENRES 22 de novembro de 2013
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS POR 10€ PARA ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADORES E 20€ PARA TRABALLORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
 SINOPSE

No ano 1965 houbo un golpe de estado militar en Indonesia que puxo no poder ao xeneral Suharto.

Tras a subida ao poder do exército, chegou o xenocidio: miles de comunistas, reais ou presuntos, foron asasinados por escuadróns da morte.
Unhas décadas despois, o pasado pervive e un relato perpetuase. Pero nada será igual despois deste film.



FICHA TÉCNICA

Dirección: Joshua Oppenheimer, Christine Cynn e máis anónimos.
Guion: Joshua Oppenheimer e Christine Cynn.
Producción: Joshua Oppenheimer e Signe Byrge Sorensen
Dirección de fotografía: Carlos Arango de Montis, Lars Skree e máis anónimos.
Deseño de producción: Anónimo
Montaxe: Nils Pagh Andersen, Erik Andersson, Charlotte Munch Bengsten, Janus Bileskov Jansen, Ariadna Fatjó-Vilas e Mariko Montpetit
Música: Lévon Minassian

Título orixinal: The Act of Killing
Duración: 115’
Ano: 2012
País: Dinamarca
Idioma: VOS
FICHA ARTÍSTICA
 (todos  se interpretan a si mesmos)
Haji Anif
Syamsul Arifin
Sakhyan Asmara
Anwar Congo
Jusuf Kalla
Herman Koto
Haji Marzuki
Safit Pardede

GALARDÓN

·   Festival Internacional de Berlín: Mellor Documental e Premio Panorama




O director, Joshua Oppenheimer (Texas, EEUU, 1974)

Leva traballando durante décadas con milicias, escuadróns da morte e as súas vítimas para explorar a relación entre a violencia política e a imaxinación pública.

Educado en Harvard e Central St. Martins (Londres), a súa obra contén  innumerables curtametraxes e longametraxes premiados por todo o mundo, como The Entire History of the Louisiana Purchase (1998) ou The Globalization Tapes (2003, co-dirixida tamén con Christine Cynn).

CRÍTICAS

“Se queremos transformar Indonesia na democracia que afirma ser, os cidadáns deben recoñecer o terror e a represión sobre os que a nosa historia contemporánea foi construída. Ningún film ou calquer outra peza de arte fixo isto de forma mais efectiva que The Act of Killing. De visión obrigada para todos nos” (A Comisión dos Dereitos Humanos para Indonesia.)

“Un dos documentais mais orixinais e impactantes que se recordan (…) obra magnífica (…) unha experiencia cinematográfica desconcertante” (Nando Salvá, El Periódico)

“Un fascinante documental que abouxa ó espectador (…) valente mirada ó corazón do mal” (Manuel Yáñez Murillo, Fotogramas)
“Un durísimo, terrible exercicio de cinema verité que pode resultar incómodo para espectadores sensibles” (Lluís Bonet Mójica, La Vanguardia)

sábado, 9 de noviembre de 2013

INCH' ALLAH

INCH' ALLAH
NRM - 12 anos
101 MINUTOS
VENRES 15 de novembro de 2013
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS POR 10€ PARA ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADORES E 20€ PARA TRABALLORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
 SINOPSE

Nun campo de refuxiados palestinos en Cisxordania, Chloé, unha rapaza canadense, coida mulleres embarazadas. A súa relación con persoas que se atopan a ambos lados do muro e dos puntos de control do campo farán cambiar as súas crenzas e conviccións.

Dividida entre os dous bandos, Chloé tenta construír pontes entre os seus amigos, israelís e palestinos, pero sufrindo por elo permanecer perpetuamente coma unha estraña para todos


FICHA TÉCNICA

Dirección: Anaïs Barbeau-Lavalette
Guión: Anaïs Barbeau-Lavalette
Producción: Luc Déry e Kim Mccraw
Dirección de Fotografía: Philippe Lavalette
Deseño de Producción: André-Line Beauparlant
Montaxe: Sophie Leblond

Música: Lévon Minassian

Título orixinal: Inch’Allah
Duración: 101’
Ano: 2012
País: Canadá
Idioma: VOS
FICHA ARTÍSTICA

Evelyne Brochu
Sabrina Ouazani
Sivan Levy
Yousef “Joe” Sweid
Hammoudeh Alkarmi
Zorah Bernali
Carlo Brandt
Marie-Thérèse Fortin
GALARDÓNS:

·   Festival Internacional de Berlín: Premio FRIPESCI e Mención Especial do Xurado


               A directora, Anaïs Barbeau-Lavalette (Quebec, Canada, 1979)

Directora, guionista, directora de fotografía, directora de segunda unidade… a paixón de Anaïs Barbeau-Lavalette polo cine ven de familia (filla dun director de fotografía e dunha directora de documentais) e dende moi rapaza, aínda que ao principio como actriz.
A partir do ano 2000 comeza a dirixir documentais, coma Les petits princes des bidonvilles (2000), Buenos Aires, no llores (2001) ou Si j’avais un chapeau (2005). E no ano 2007, dirixe a súa primeira película, Le ring.

                 

CRÍTICAS

“O conflito irreparable (…) A cámara, áxil, nerviosa, case sempre fixa nos rostros, que contan todo, que din todo, filma unha realidade que asusta” (Javier Ocaña, El País)

“Un drama desgarrado, realista, implacable (…) intenta comprender a motivacións tras o terrorismo suicida, pero quizais faga un mellor traballo ao remarcar o fracaso dos nosos (benintencionados ou non) prexuízos occidentais” (Noel Ceballos, Fotogramas)

“O film vai do mais epidérmico (os atentados, o estado de terror) ao mais xeral (o conflito entre israelís e palestinos) pasando polos rastros dunha experiencia persoal, a da doutora que tenta ao seu modo estreitar lazos, sabendo que aínda que o consiga non será mais que unha vitoria menor no contexto dunha guerra perdida ” (Quim Casas, Dirixido por…)

 

martes, 5 de noviembre de 2013

UNA CASA EN CÓRCEGA

UNA CASA EN CÓRCEGA
NRM - 7 anos
83 MINUTOS
VENRES 8 de novembro de 2013
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS POR 10€ PARA ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADORES E 20€ PARA TRABALLORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
 SINOPSE

Christina, unha rapaza de trinta anos, traballa como camareira e ten unha vida aburrida xunto ó seu noivo, Marco. Cando a avoa de Christina morre, déixalle a súa casa en Córsega. Ninguén semella saber como ou cando a anciá comprou a casa. E mentres a familia e o noivo tentan convencela para que a venda, Christina quere entender por qué a súa avoa quería que tivera esa casa. 


Esa herdanza dálle a oportunidade de poñer en tela de xuízo a súa monótona vida, decidindo abandonar a súa antiga vida para descubrir a casa, nun viaxe cambiará  a súa vida e a das persoas do seu redor.


FICHA TÉCNICA

Dirección: Pierre Duculot
Guión: Pierre Duculot
Producción: Denis Delcampe
Dirección de Fotografía: Hichame Alaoui Deseño de Producción: Françoise Joset Montaxe: Virgine Messiaen e Susana Rosberg

Título orixinal: Au cul du loup
Duración: 83’
Ano: 2011
País: Bélxica
Idioma: VOS

FICHA ARTÍSTICA

Christelle Cornil
François Vincentelli
Jean-Jacques Rausin
Pierre Nisse
Roberto D’Orazio
Marijke Pinoy
Cédric Eeckhout
William Dunker
GALARDÓNS:

Festival Internacional de Amiens: Mellor Película
 


               O director, Pierre Duculot (Lieja, Bélxica, 1964)

Debut no mundo das longametraxes deste director e guionista belga, pero que xa ten unha extensa carreira relacionada con cine: profesor de universidade, periodista de cine, secretario xeral de Wallonie Images Production, programador de festivais… Concretamente, traballou para o Festival de cine e do mundo rural de Lama, na Córsega Alta, de onde lle ven o seu amor por esa illa.

Antes desta longametraxe dirixira dúas curtas: Dormir au chaud (2006) e Dernier voyage (2007), ambas protagonizadas tamén por Christelle Cornil.

                 CRÍTICAS

“Concisa, sinxela película –que non simple- (…) A mirada de Duculot é a dun autor que pensa moito mais na súa historia e nas súas criaturas que en sí mesmo. (Javier Ocaña, El País)

“A cinta vai de menos a mais. Cun enfoque sinxelo (…) o desenlace é dunha fermosura que cala os ósos” (José Manuel Cuéllar, ABC)

 

 

http://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/302955.html

http://cinemania.es/criticas/detalle/18075/una-casa-en-corcega

http://www.cinedivergente.com/criticas/una-casa-en-corcega

 

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años