lunes, 23 de diciembre de 2013

TAN LONXE, TAN CERCA

CICLO DE NADAL: TAN LONXE, TAN CERCA


Este Nadal queremos agasallarvos con 4 películas traídas de 4 continentes diferentes.

Esperamos que vos gusten todas elas e que pasedes un moi bo rato cando as vexades. O mundo está cheo de diferentes formas de ver a vida e estas películas son unha boa mostra diso. Canta máis diversidade cultural teñamos, mellor comprenderemos a quen nos rodea.

¡BO NADAL A TOD@S!


(O prezo das películas é coma calquera película dos venres, 5 ou 2,5€, agás a de "Central do Brasil" que é de balde grazas á cesión feita pola embaixada de Brasil en España)

(Ademais, estes filmes están incluidos nos bonos que temos á vosa disposición)


(Máis abaixo están as sinopses e os tráilers dos filmes.)









ANIMAL KINGDOM
(Xoves 26 ás 23:00. Venres 27 ás 20:00. Auditorio Municipal de Carballiño)
SINOPSE


Trala morte da súa nai, Joshua ten que trasladarse a vivir á casa da súa avoa, que vive en Melbourne con 3 fillos, todos implicados en negocios ilegais.

Inevitablemente, o rapaz verase envolto nos turbios asuntos dos seus tíos, sobre todo cando se produza un enfrontamento entre os familiares e as autoridades locais, iniciando unha espiral de violencia.





CONFESSIONS


(Xoves 26 ás 20:00. Venres 27 ás 23:00. Auditorio Municipal de Carballiño)
SINOPSE


Nun instituto, no derradeiro día de clases, unha profesora despídese dos seus alumnos, e ademais de deixar a escola, confésalles que a súa filla de catro anos, que aparentemente morrera afogada accidentalmente na piscina da escola, foi en realidade asasinada por dous estudantes desa mesma clase. Tamén lles fai saber que xa puxo en marcha a súa vinganza contra eles.




CAIRO 678


(Sábado 28 ás 20:00. Domingo 29 ás 23:00. Casa da Cultura de Carballiño)
SINOPSE



Baseada en feitos reais. Tres mulleres exipcias, que sufriron acoso sexual sen poder facer nada ao respecto, chegan á conclusión de que teñen que defenderse polos seus propios medios. Cando unha delas lle crava un coitelo na ingua a un dos seus acosadores, convértese nunha heroína que esperta ao mesmo tempo admiración e receo en todo o país.





ESTACIÓN CENTRAL DO BRASIL


(Sábado 28 ás 23:00. Domingo 29 ás 20:00. Casa da Cultura de Carballiño)
SINOPSE

Nos abafantes corredores da Estación Central, en Río de Xaneiro, Dora, unha antiga mestra gáñase a vida escribindo cartas que lle ditan os analfabetos. Endurecida pola adversidade, foi caendo nunha estoica indiferenza. Porén, cando unha das súas clientas morre atropelada á saída da estación, decide facerse cargo do seu fillo e levalo á casa do seu pai, nunha remota zona do nordeste do Brasil.





martes, 17 de diciembre de 2013

ÉRASE UNHA VEZ EN ANATOLIA

érase una vez en anatolia

NRM - 16 anos
129 MINUTOS
VENRES 20 DE DECEMBRO DE 2013
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS:10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
SINOPSE
Na área rural ó redor do pobo turco de Keskin, o fiscal, o comisario de policía e o doutor levan a cabo a busca da vítima dun asasinato, confesado por un home chamado Kenan e o seu irmán discapacitado mental.

Porén, a busca resulta ser máis difícil  do esperado, coa impresión de que algo novo e diferente vai xurdir tras cada outeiro, aínda que as estradas resulten sempre monótonas, interminables e irremediablemente iguais.





FICHA TÉCNICA

Dirección: Nuri Bilge Ceylan
Guión: Ercan Kesal, Ebru Ceylan e Nuri Bilge Ceylan
Producción: Zeynep Öztabur Atakan
Dirección de Fotografía: Gökhan Tiryaki
Deseño de Producción: Dilek Yapkuóz Ayaztuna
Montaxe: Bora Göksingöl e Nuri Bilge Ceylan
Título orixinal:
Bir Zamanlar Anadolu’da
Duración: 150’
Ano: 2011
País: Turquía
Idioma: 20:00 Español
                23:00 VOS
FICHA ARTÍSTICA 

Muhammet Uzuner
Yilmaz Erdogan
Taner Birsel
Ahmet Mümtaz Taylan
Firat Tanis
Ercan Kesal
Erol Eraslan
Ugur Arslanoglu


Galardóns:
Festival de Cannes 2011: Gran Premio del Jurado



O director, Nuri Bilge Ceylan (Istambul, Turquía, 1969)

Fotógrafo, guionista, actor e director turco. O seu amor pola fotografía comezou ós 15 anos, e polo cine os 22. Mentres estudaba na Universidade de Bogaziçi, en Istambul, participou en clubs de cine e fotografía. Tras graduarse especializado en enxeñería eléctrica, pasou un tempo en Londres e Nepal.
E tras rematar o servizo militar, comezou a adicarse ó cine, debutando coa curtametraxe Koza (Cocoon), en 1995, presentada en Cannes.

Kasaba (1999) representa a súa primeira longametraxe, coa que xa acada diversos premios a nivel internacional. Con Lejano (2002) obtén o Gran Premio do Xurado en Cannes, iniciando un idilio con dito festival, onde tamén obtivo o Premio FRIPESCI en 2006 por Los climas e o de Mellor Director en 2008 por Tres monos.


CRÍTICAS

“É, sen dúbida, unha película maior (…) Non é, de feito, unha película fácil. (…) Cine cheo de planos eternos polos que, sinxelamente, respira a vida”. (Luís Martínez, El Mundo)
“En tódolos seus posibles rostros maniféstase o xenio dun cineasta que non deixa de tomar riscos e desafiar aos seus espectadores” (Jordi Costa, El País)
“O director non está tan interesado en desvelar o móbil do crime senón mais ben en indagar nas almas duns personaxes perdidos na rutina das súas profesións e nun día a día gris que, porén, intuímos que podería ter sido extraordinario”. (Anna Petrus, Dirixido por…)

miércoles, 11 de diciembre de 2013

ASOLAGADOS (13 DECEMBRO 2013)



ASOLAGADOS

TODOS OS PÚCLICOS
60 MINUTOS
VENRES 13 DE DECEMBRO DE 2013
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS:10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
                      SINOPSE

Documental sobre a xente e os seus pobos (Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa marta, Pincelo, Ponte Fortes, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hermida, Ribó...), anegados polo encoro de Belesar en 1963. Imaxes e sons da Ribeira Sacra e do río Miño: dos restos das casas, das bodegas, das árbores... e especialmente, das dez testemuñas que viviron nestes lugares antes da construción do salto e que se viron obrigadas a deixalo todo.


 
FICHA TÉCNICA

Dirección:David Vázquez
Guión: Alfonso Eiré
Producción: Cristina López
Montaxe: David Vázquez
Música: Chechu Carballido, A Quenlla
Título orixinal: Asolagados
Duración: 60’
Ano: 2013
País: España
Idioma: Galego

Galardóns
Muestra de Cine Rural de Dos torres: Gañador do III Concurso de Curtametraxe

O director, David Vázquez (Pesqueiras, Chantada, Lugo)

Técnico de son, cámara, montador e director que estudou son no CEV en Madrid.
Fixo cursos de 'Dirección de Cine, Vídeo e Televisión' en FUNIBER.
Estivo traballando en produtoras e leva 15 anos como Xefe Técnico en 'Chantada Comunicación S.L. Televinte' realizando noticias, spots e vídeos educativos e promocionais para a Ribeira Sacra.
Participou en varias curtas e foi director de dúas. 'Asolagados' é a súa primeira longametraxe.

 Comentario do director sobre a película

O que queremos é que se coñeza a historia destas persoas e destes lugares dos que nunca se falou.
Fálase de Portomarín, pero nestas aldeas quedaron moitas vidas tocadas. Queríamos recoller as imaxes do contraste, as testemuñas dos que o viviron e materializalo dalgunha maneira para que quedase aí.

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 1 día
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años