(Non está estreada nin distribuida en España, polo que non hai ten calificación de idades.) VENRES 22 de MARZO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados
5€ para traballadores auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Anos 60. Durante un caloroso
verán, tres rapaces agachan ao seu amigo Ronnie, un criminal perseguido pola
policía, no ático da inmensa mansión na que viven dous deles. Ronnie refúxiase
alí sen que nin os pais dos rapaces nin o persoal da casa se decaten.
Ao
principio a situación divírteos, ata o momento no que Ronnie comeza a ser unha
carga.
FICHA
Dirección: Arno Dierickx
Guión: Bert Bouma e Jan Bernard Bussemaker
Producción: Reinier Selen e Edwin van Meurs
Deseño de Producción: Vincent de Pater
Montaxe: Wouter Jansen
Música: Johan Hoogewijs
TECNICA
Título orixinal: Bloedbroeders
Duración: 90’
Ano: 2008
País: Holanda
Idioma: V.O.S.
FICHA ARTÍSTICA
Erik
van Heijningen
Matthijs van de Sande Bakhuyzen
Derk
Stenvers
Sander
van Amsterdam
Carolien
Spoor
Pierre
Bokma
Betty
Schuman
Galardóns:
·Festival
de Ourense 2009: Premio ao Mellor Director
O director, Arno Dierickx (Bélxica,
1960)
Graduado na escola de cine RITS de Bruselas como director, comezou a
traballar coma asistente de dirección en películas e series das televisións
belga e holandesa. En 1997 escribe, dirixe e produce a súa primeira
curtametraxe, Thieves, rodada en Filipinas.
Voltando a traballar na televisión, obtén o premio Golden Calf pola súa TV-movie Maria at the Attic (1998). Segue a
traballar en Holanda, dirixindo principalmente películas para a tele e series
de calidade, polas que obtén recoñecemento.
En 2008 dirixe Hermanos de Sangre, coa que participa en numerosos festivais
internacionais, entre eles, San Sebastián e Ourense, onde obtén o premio ao
Mellor Director.
Segue a traballa na televisión holandesa mentres ultima a súa seguinte
película, The Circle.
5€ para traballadores auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
BLANCANIEVES, de Pablo Berger, é unha orixinal visión do popular conto los irmáns Grimm, ambientada nos anos 20 no sur de España.
Blancanieves é Carmen (Macarena García), una bela moza cunha infancia atormentada pola súa terrible madrastra, Encarna (Maribel Verdú). Fuxindo do seu pasado, Carmen emprenderá unha apasionante viaxe acompañada polos seus novos amigos: unha tropa de enanos toreiros.
Unha BLANCANIEVES chea de fantasía, aventuras, emoción e humor.
FICHA
Dirección: Pablo Berger
Guión: Pablo Berger
Producción: Ibon Cormenzana, Ferôme Vidal e Pablo Berger
Dirección de Fotografía: Kiko de la Rico
Deseño de Producción: Alain Bainée
Montaxe: Fernando Franco
Música: Alfonso Vilallonga
TECNICA
Título orixinal: Blancanieves
Duración: 104’
Ano: 2012
País: España
Idioma: Español
FICHA ARTÍSTICA
Maribel
Verdú
Daniel Giménez Cacho
Pere
Ponce
Ángela
Molina
Macarena
García
Sofía
Oria
Josep
María Pou
Inma
Cuesta
GALARDÓNS:
·Premios Goya: 10 premios, incluíndo Mellor
Película en Mellor Actriz (Maribel Verdú)
·Festival de San Sebastián: Premio Especial del Jurado, e
Mellor Actriz (Macarena García)
O director, Pablo Berger (Bilbao, España, 1963)
Cineasta e publicista español. Fixo os seus estudios de ensinanza primaria e secundaria no Colegio
Trueba de Artxanda, en Bilbao.
No ano 1988 dirixe a súa primeira
curtametraxe, Mamá, con dirección artística de Álex de la Iglesia e a
colaboración de Torrebruno. Cos premios que obtivo, conseguiu unha beca da
Diputación Foral de Vizcaya para estudar un Máster en cine na Universidade de
Nova York. Despois do doutorado, exerceu coma profesor na New York Film
Academy, comezando tamén unha carreira de publicista e realizador de
videoclips, que culmina co seu debut cinematográfico co filme Torremolinos
73 (2003).
Con Blancanieves (2012) obtén os Goya á Mellor Película e ao Mellor
Guión Orixinal.
CRÍTICAS
“Aparte do
seu fascinante poder visual, a película combina marabillosamente o humor negro,
a sátira social e un ton moi preto do gran cine expresionista alemán” (Lluis
Bonet Mójica, La Vanguardia)
“Unha película con estética poderosa (…) insólita no seu prantexamento,
audaz, sentida e bonita” (Carlos Boyero, El Pais)
“Pablo Berger firma unha obra mestra (…) un milagre silencioso” (Luis Martínez, El
Mundo)
5€ para traballadores auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Unha señora maior moi temperamental e a súa criada de Cabo Verde viven nun edificio de Lisboa. No mesmo piso vive tamén unha veciña devota das causas sociais.
Cando a señora morre, a criada e a veciña descobren un episodio da súa vida: unha historia de amor e crime en África, coma sacada dunha película de aventuras.
FICHA
Dirección: Miguel Gomes
Guión: Miguel Gomes e Mariana Ricardo
Producción: Luis Urbano e Sandro Aguilar
Dirección de Fotografía: Rui Poças
Deseño de Producción: Joaquim Carvalho
Montaxe: Telmo Churro e Miguel Gomes
Música: Antonio Lopes
TÉCNICA
Título orixinal: Tabú
Duración: 110’
Ano: 2012
País: Portugal
Idioma: V.O.S.
FICHA ARTÍSTICA
Teresa
Madruga
Laura Soveral
Ana
Moreira
Henrique
Espírito Santo
Carloto
Cotta
Isabel
Cardoso
Ivo
Müller
Manuel
Mesquita
GALARDÓNS:
·Festival
Internacional de Berlín: Premio FRIPESCI
O director, Miguel Gomes (Lisboa,
Portugal, 1972)
Miguel Gomes estudou na Escola de Cine e Teatro de Lisboa, e entre 1996 e
2000 traballou coma crítico para a prensa portuguesa.
Dirixiu varias curtametraxes, obtendo premios nos festivais de Oberhausen,
Belfort ou Vila do Conde.
Debuta no mundo das longametraxes con The Face You Deserve (2004). Dirixe
posteriormente Our Beloved Month of August
(2008), presentado na Quincena de Realizadores do Festival Internacional de
Cannes, gañando posteriormente varios premios noutros festivais.
Tabú é ata o de agora a súa última película
CRÍTICAS
“Obra
esencial para entender o proceso de recuperación efectuado co cine primitivo e,
en especial, o intento de reconciliar de novo unha mirada inocente e curiosa no
espectador” (Quim Casas, Dirigido
por…)
“Propón un elaborado exercicio intelectual e o disfroite da necesidade de
relatar, no seu sentido mais primitivo e inocente” (Ricardo Aldarondo, Fotogramas) ADEMAIS... O Festival de Cinema de Animación "ANIRMAU" será presentado este venres no Carballiño polo seu director, Severiano Casalderrey Conde. O Festival vai camiño da III edición, que se celebrará entre os vindeiros 8 e 13 de abril segundo se indica na súa web http://www.anirmau.com/ A maiores logo da presentación, proxectárase unha curta presentada a este festival en edicións pasadas.
Programación abril 2024
-
Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX
Ciclo Colexio de médicos
Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
Larga ausencia...
-
*Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que
hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre
digo ...
-
Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao
final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias,
adicados a...