martes, 5 de febrero de 2013

GRUPO 7


GRUPO 7
(nrm 12 anos)
VENRES 8 de FEBREIRO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE

Ángel, un rapaz intelixente e bondadoso, aspira a ser inspector de policía.
Rafael, porén, é un policía expeditivo, contundente e arrogante.
Xunto con Miguel e Mateo forman o Grupo 7, un conxunto de policías sen escrúpulos, dispostos a todo con tal de lograr os seus obxectivos; a súa forma de operar: violencia, coacción, mentiras… todo vale.


                                              
                                          FICHA

Dirección: Alberto Rodríguez
Guión: Rafael Cobos
Producción: José Antonio Félez e Gervasio Iglesias
Dirección de Fotografía: Álex Catalán
Deseño de Producción: Pepe Domínguez
Montaxe: José M. G. Moyano
Música: Julio de la Rosa


TECNICA

Título orixinal: Grupo 7
Duración: 95’
Ano: 2012
País: España
Idioma: Español
               
         FICHA  ARTÍSTICA
               
     Antonio de la Torre
     Mario Casas
     Inma Cuesta
     José Manuel Poga
     Joaquín Núñez
     Julián Villagrán
     Estefanía de los Santos
     Alfonso Sánchez




O director, Alberto Rodríguez (Sevilla, España, 1971)

Tras codirixir xunto a Santi Amodeo  El Factor Pilgrim (2002), Alberto Rodríguez participou no Festival de Berlín coa súa primeira longametraxe en solitario: El Traje (2002).
Con 7 Vírgenes (2005), consolidouse coma un dos novos directores mais interesantes do panorama español. Participou e gañou no  Festival de Cine de San Sebastián, onde acadou  a Concha de Plata e o éxito confirmábase con seis nominacións nos premios Goya, incluíndo  Mellor Director e Mellor Guión Orixinal. Tamén conseguiu o prestixioso premio La Navaja de Buñuel e participou non só nos festivais españois mais relevantes, senón tamén en recoñecidos festivais internacionais coma o Festival Internacional de Cine de Toronto.




CRÍTICAS

O director manexa con gran precisión a característica diferencial do xénero: a ambigua e difusa fronteira que soe separar o ben do mal” (Lluis Bonet Mojica, La Vanguardia)
“Rodríguez consegue saír airoso grazas a unha sólida descrición de ambientes e personaxes marxinais, ademais dun toque crítico cara a institución moito mais áspero do habitual” (M. Torreiro, Fotogramas)
“Unha das mellores películas españolas que vin en moito tempo” (Carlos Boyero, El Pais)



E para a semana OPERACIÓN E

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años