viernes, 22 de junio de 2012

Las Nieves del Kilimanjaro

LAS NIEVES DEL KILIMANJARO

(Auditorio Municipal do carballiño)
2€ parados/xubilados/estudantes
4€ traballadores
venres 29 20:00 e 23:00


SINOPSE
A pesar de perder o seu traballo, Michel vive feliz con Marie.Claire dende fai trinta anos. Os seus fillos e netos éncheno de alegría. Teñen amigos moi bos. Están orgullosos das súas actividades sindicais e políticas. As súas conciencias son tan transparentes coma as súas miradas.

Pero ese benestar salta polos aires cando dous homes armados e enmascarados golpéanos, átanos e foxen coas súas tarxetas de crédito.


      FICHA TECNICA

Dirección: Robert Guédiguian
Guión: Robert Guédiguian e Jean-Loius Milesi, segundo o poema de Victor Hugo
Producción: Agat Films, Ex Nihilo, France 3 Cinéma e Les Films de la Belle de Mai
Dirección de Fotografía: Pierre Millon
Deseño de Producción: Michel Vandestien
Montaxe: Bernard Sasia



Música: Pascal Mayer
Vestiario: Juliette Chanaud

Título orixinal: Les neiges du Kilimanjaro
Duración: 107’
Ano: 2011
País: Francia
Idioma: Español
               
                FICHA  ARTÍSTICA
               
                Jean-Pierre Darrousin
                Ariane Ascaride
                Gérard Meylan
                Marilyne Canto
                Grégoire Leprince-Ringuet
                Anaïs Demoustier
                Adrien Jolivet
                Julie-Marie Parmentier
                Karole Rocher
                Robinson Stévenin


O director, Robert Guédiguian (Marsella, Francia, 1953)

Creceu nun ambiente obreiro, xa que o seu pai traballaba no porto de Marsella, e interésase moi cedo pola política, militando no partido comunista. Por todo iso, xa as súas primeiras películas entroncaban cunha realidade social, flirteando coa militancia, e principalmente situadas en Marsella.
Tras licenciarse en socioloxía, e un pouco decepcionado coa política, atopa no cine unha forma de expresar as súas ideas. Porén, non é ata 1997 con Marius et Jeannette que se da a coñecer ante o gran público, proporcionándolle a Ariane Ascaride, a súa actriz predilecta, o seu primeiro premio César. E posteriormente xa virían outros premios e recoñecementos coma a Concha de Oro de San Sebastián en 1998 por De todo corazón, o premio FRIPESCI da cinematografía europea en 2001 por La ciudad está tranquila, ou mais recentemente a Espiga de Plata do Premio do Público por Las nieves del Kilimanjaro

Críticas

“ Guédiguian consegue conmover, emocionar e facer reflexionar dende a maior sinxeleza cunha fábula realista, ou unha radiografía cálida e melancólica” (Ricardo Aldarondo, Fotogramas)
“Guédiguian novamente en estado de gracia (…)Unha película exemplar para estes tempos de engano permanente” (Lluis Bonet Mojica, La Vanguardia)
 “A película asume con dignidade a condición de ser unha película-deterxente para limpar a conciencia de toda unha xeración que está comprobando cómo aqueles logros polos que loitaron están indo progresivamente ao lixo” (Roberto Alcover Oti, Dirigido por…)

F  Si che gustou, recomendámosche tamén: ¡Qué verde era mi valle! (John Ford, 1941) ou Riff-Raff (Ken Loach, 1991)

martes, 19 de junio de 2012

El Topo (XOVES 21)

EL TOPO
(Xoves 21 de xuño: 20:00 e 23:00)
Auditorio Municipal do Carballiño
SINOPSE

Anos 70, plena guerra fría. O fracaso dunha misión especial en Hungría provoca o cambio na cúpula dos servizos secretos británicos. Un dos defenestrados é o axente George Smiley. Porén, cando xa se fixera á idea de retirarse, encárganlle unha misión especial: sospeitase que hai unha toupa infiltrada na propia cúpula do servizo e só alguén de fóra pode indagar quen é.
Coa axuda doutros axentes xubilados, Smiley irá recabando información e encaixando as pezas para intentar descubrir ao traidor.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Tomas Alfredson
Guión: Bridget O’Connor e Peter Straughan, segundo a novela de John le Carré
Producción: Tim Bevan, Eric Fellner e Robyn Slovo
Produción Executiva: Liza Chasin, Ron Halpern, Debra Hayword, John le Carré, Peter Morgan e Douglas Urbanski
Dirección de Fotografía: Hoyte van Hoytema
Deseño de Producción: Maria Djurkovic
Montaxe: Dino Jonsäter






Música: Alberto Iglesias
Vestiario: Dan Grace e Gábor Homonnay
Maquillaxe:  Alison Hanken

Título orixinal: Tinker Taylor Soldier Spy
Duración: 127’
Ano: 2011
País: Inglaterra
Idioma: Español

FICHA  ARTÍSTICA

Gary Oldman
Colin Firth
Tom Hardy
Mark Strong
Benedict Cumberbatch
Toby Jones
John Hurt
Ciarán Hinds
Simon McBurney


O director, Tomas Alfredson (Lidingö, Suecia, 1965)

Fillo dun comediante, escritor e director, Tomas Alfredson dende moi neno entra en contacto co mundo da actuación. Así, entra na Svensk Filmindustri, a mais reputada compañía e distribuidora de películas de Suecia (produciu a maioría das longametraxes de Ingmar Bergman). Tras traballar alí coma asistente, salta á televisión pública onde dirixe multitude de TV movies.
Tras ler a novela Déjame entrar, de John Ajvide Lindqvist, decide que ten que levala a pantalla grande, e finalmente debuta en 2008 nas longametraxes co esa adaptación, que en seguida se converte nun éxito mundial.
Porén, cansado de loitar contra a industria fílmica sueca, á que acusa de carecer de poder e valor, tómase un longo descanso, ata que é convencido para poñerse de novo tralas cámaras con El topo.

“ Fábula sobre a soidade e a desesperación entre homes que nunca amosan os segredos dos seus corazóns” (Peter Travers, The rolling Stones)
“Alfredson captou o espírito de le Carré, o seu estilo visual é tenso e pausado, describe os matices e fai entendible unha historia complicada de narrar en imaxes” (Carlos Boyero, El País)
 “Mais ca unha película de espionaxe, que obviamente o é, El Topo indaga nas relacións frontais entre personaxes abocados a situacións límite por cuestións éticas, morais, profesionais, ideolóxicas ou de simple supervivencia nun mundo tendente a desmoronarse ” (Quim Casas, Dirigido por…)

F  Si che gustou, recomendámosche tamén: Nuestro hombre en La Habana (Carol Reed, 1959) ou El espía que surgió del frío (Martin Ritt, 1965) 


miércoles, 6 de junio de 2012

VENRES 8: LOS IDUS DE MARZO

VENRES 8 DE XUÑO: LOS IDUS DE MARZO


HORA:20:00 e 23:00
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

PREZO: 4€ (Traballadores) e 2€ (Parados, Estudantes e Xubilados)



SINOPSE

Un rapaz idealista, Stephen Meyers, comeza a traballar coma director de comunicación para un prometedor candidato que se presenta ás eleccións primarias do Partido Demócrata, Mike Morris. Durante a campaña terá a oportunidade de comprobar de primeira man ata qué extremos se pode chegar con tal de alcanzar o éxito político.
FICHA TÉCNICA
Dirección: George Clooney
Guión: George Clooney, Grant Heslov e Beau Willmon, segundo a obra de teatro de Beau Willmon
Producción: George Clooney, Grant Heslov e Brian Oliver
Dirección de Fotografía: Phedon Papamichael
Deseño de Producción: Sharon Seymour
Montaxe: Stephen Mirrione
Música: Alexandre Desplat
Vestiario: Louise Frogley
Maquillaxe:  Julie Hewitt


FICHA ARTÍSTICA

Ryan Gosling
George Clooney
Paul Giamatti
Marisa Tomei
Philip Seymour Hoffman
Evan Rachel Wood
Jeffrey Wright
Max Minghella
Jennifer Ehle

Duración: 101’
Ano: 2011
País: EEUU
Idioma: Español



O director, George Clooney (Lexington, Kentucky, EEUU, 1961)


Fillo dun recoñecido presentador de noticias afincado en Cincinnati, Nick Clooney, dende moi rapaz asistía aos estudios de televisión, onde comeza a traballar co seu pai. Porén, decide deixar o seu futuro coma xornalista e adicarse a dúas das súas paixóns:  o béisbol e a actuación. Ao non conseguir entrar no equipo de Cincinnati, retorna ao mundo do cine da man do seu primo Miguel Ferrer, nun pequeno film.

En 1982 trasládase a Los Angeles, onde participa en pequenos papeis en multitude de películas e series de televisión, ata que alcanza o éxito co seu papel na serie de Urgencias (1994-2009).
Xa coma actor famoso, decide debutar na dirección con Confesiones de una mente peligrosa (2002), as que seguen Buenas noches y buena suerte (2005), que tamén escribiu, Ella es el partido (2008), e esta última, Los idus de marzo.
Coma produtor estivo tamén detrás de moitas películas, coma por exemplo: Syriana (2005), Los hombres que miraban fijamente a las cabras (2009) ou El americano (2010).

“Espléndida (…) Clooney retrata ese temible mundo con lucidez feroz, sen apelar ao maniqueísmo, facendo crible a desvergoña” (Carlos Boyero, El País)
“Unha película notable (…) Clooney acerta ao debuxar unha película axustada a razóns (…) unha solvente intriga con parada e fonda nos intestinos de calquera” (Luís Martínez, El Mundo)
“George Clooney constrúe unha (a)morality play de maneira sólida, manexando con astucia un magnífico plantel de actores, reforzando a dramaturxia cunha posta en escena chea de sutilidades” (Antonio José Navarro, Dirigido por…)

  • Si che gustou, recomendámosche tamén: El político (Robert Rossen, 1949) ou El recuento  (Jay Roach, 2008)  



Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años