viernes, 27 de enero de 2012

Venres 3 de febreiro: Un dios salvaje

Un dios salvaje. Dirixido por Roman Polanski
UN DIOS SALVAJE


Día: venres 3 de febreiro 


Hora: 20:00 e 22:30


Lugar: Auditorio Municipal de Carballiño

                                                           Título Orixinal: Carnage      Duración: 79      Ano: 2011      País: Francia      Idioma: Español
SINOPSE

Adaptación da obra teatral homónima da autora francesa Yasmina Reza, onde Polanski traslada a acción a Nova York.

Os protagonistas son dous matrimonios que se reúnen, en principio de forma civilizada, para falar da recente pelexa que tiveron os seus fillos nun parque. Os pais do rapaz agredido invitan aos pais do agresor. Pero o encontro complicarase ata límites insospeitados, nos que os pais mostrarán as súas verdadeiras facianas.

O director, Roman Polanski (Paris, Francia, 1933)

Nado en París, retorna á terra dos seus pais, Polonia, dous anos antes do comezo da segunda guerra mundial. Roman fuxe do gueto e sobrevive vagando por Polonia vivindo con diferentes familias. Así entra en contacto có mundo do cine tamén, e no ano 1950 comeza a súa carreira como actor, antes de entrar a estudiar na Escola de Cine de Lodz. Xa nas súas primeiras curtas mostra o seu gusto polo humor negro e o seu interese polas relacións humanas peculiares.
A súa primeira longametraxe, El cuchillo en el agua (1962), é a primeira película polaca dende a guerra que non trata ese tema. Marcha de Polonia a Francia e logo a Inglaterra, onda roda Repulsión (1965) e Callejón sin salida (1966), gañadoras, respectivamente, do Oso de prata e ouro do Festival de Cine de Berlín.
Continúa unha exitosa carreira, nos Estados Unidos e en Europa, con películas como La semilla del diablo, Chinatown, El baile de los vampiros, Tess ou La muerte y la doncella. No ano 2003 gaña o Oscar ó mellor director por El pianista.

Críticas sobre o filme
“80 dos mais hilarantes minutos vividos nun festival de cine en moito, moito tempo (…) unha película de precisión milimétrica e un timing endiañado” (Nando Salvá, El Periódico)
“Polanski afía os cabeiros e morde a xugular dos ben pensantes (…) Hai ecos de El Ángel Exterminador nesta comedia de vocación naturalista. Polanski na súa salsa” (Sergi Sánchez, La Razón)
“Trama sen solución de continuidade, sen final posible, ao igual que non o ten a incurable estupidez humana” (Tomás Fernández Valentí, Dirigido por…)

Descarga a ficha do filme en: http://dl.dropbox.com/u/56610469/47%20-%20Un%20dios%20salvaje.pdf

sábado, 21 de enero de 2012

XOVES 26 de xaneiro: ALTERNATIVA CERO

ALTERNATIVA CERO
Xoves 26 ás 20:30 na CASA da CULTURA do Carballiño
Contaremos coa presenza do seu director, Pachi Baranda.
A información que podedes ler a continuación foi quitada da páxina de vimeo do propio Pachi Baranda

A comarca do Ribeiro é unha das máis fértiles de Galiza, está regada polos ríos Miño e Avia e atópase rodeada de montañas, o que fai que goce dun microclima propicio para o cultivo da uva. Durante séculos os seus habitantes viven ligados á produción de viño, sendo na actualidade un dos seus pilares económicos xunto co turismo. No ano 2006 a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible toma a decisión de crear un Parque Medioambiental en Carballeda de Avia, un concello situado en pleno Ribeiro.


Este proxecto consiste nun parque empresarial de empresas adicadas ao reciclaxe cunha extensión de 800.000 metros cuadrados. A Consellería dende o primeiro momento presentou este plan como unha panacea para a crise abandeirando a creación de máis de 800 postos de traballo, pero o que non se esperaba era que nacera un rexeite social. ALTERNATIVA CERO é un documental feito con testemuñas de veciños, viñoteiros, políticos, ecoloxistas,… onde cada un deles da a súa opinión sobre este conflito. 


Cando empecei a rodaxe tiña en mente un filme e unha directora, Daguerreotypes e Agnès Varda. Ela propúñase facer un mapa humán dos veciños da súa rúa, a Rue Daguerre. Xente con vidas normais e aburridas, pero o que nun principio semella insustancial remata tornándose en apaixoante. Algo semellante (salvando as distancias) acontecueme a min en plena edición: descubrín que o sentimento principal que afloraba era que os seus protagonistas eran coma caracois. E descubrino gracias ás ausencias, aos que non se deixaron entrevistar, que foron poucos pero importantes. Coma a vida do caracol, a vida destes personaxes está chea de retos imposibles e desafíos titánicos. En calqueira momento pode vir alguén e porlle un pé por riba e aplastalos.



O título ALTERNATIVA CERO fai referencia a unha cláusula que deben incluir nos estudos de impacto ambiental cando se presenta un proxecto desta envergadura. Trátase dun mecanismo de protección, un estudio no que se explique o que acontecería se ese proxecto non se levara a cabo. Deste modo, forzaríase a quen o promove a xustifica-la necesidade do mesmo.


INCINERADORA NO IRIXO NON!

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años