martes, 28 de febrero de 2012

Estamos de aniversario!


O 28 de febreiro de 1969, un grupo de amigos xuntábanse no Restaurante O Pote para rematas un proceso comezado seis meses atrás. Daquel encontro sairía unha Acta de Constitución que resumimos a continuación:
Julio Castro Losada, José María Álvarez Rabanillo, Julio Ángel Marqués Domínguez, Javier Romero Lorenzo, Angelino García Bravo, Eduardo Bernárdez López y Juan Paniagua Mariño, reunidos en el Restaurante O Pote sito en el Parque Municipal de esta villa de Carballiño, acuerdan constituir la Sociedad Cultural Cine club Carballiño.
Dicha Sociedad tendrá por objeto la proyección de películas cinematográficas en sesiones privadas sin finalidad lucrativa, destinadas únicamente a sus socios, intentando contribuir al mejoramiento de la cultura cinematográfica, de sus estudios históricos, de su técnica y de su arte; así como también perfeccionar
su influencia en la formación moral de los espectadores y el estímulo del intercambio cultural cinematográfico. Asimismo se intentará también promover la acción musical en el ámbito que abarque la Sociedad, con la actuación de masas corales, conjuntos musicales, etc. El patrimonio fundacional con que cuenta la Sociedad es de 1.000 pesetas. Tendrá como domicilio social el restaurante O Pote sito en el Parque Municipal de esta villa. 
En O Carballiño, a veintiocho de febrero de mil novecientos sesenta y nueve.
Información extraída del libro "Crónica de Cine. O Carballiño
1900-1994" de Miguel Anxo Fernández

lunes, 13 de febrero de 2012

NO HABRÁ PAZ PARA LOS MALVADOS

NO HABRÁ PAZ PARA LOS MALVADOS
Venres 17 de febreiro
20:00 e 22:30
SINOPSE
Madrid, ano dous mil e pico. Un domingo calquera, de camiño a casa o inspector Santos Trinidad, xa moi bébedo, vese involucrado nun triple asasinato. Pero hai unha testemuña que consegue fuxir… e podería incriminalo. Santos inicia a caza do home.
Mentres, a xuíza Chacón, encargada da investigación, avanza meticulosamente na busca do asasino.

Ambos descubrirán que nada é o que semella, e o que empeza sendo un simple caso de tráfico de drogas, desembocará en algo moito mais perigoso.

Duración: 96’        Ano: 2011          País: España        Idioma: Español





O director, Enrique Urbizu (Bilbao, 1962)

Licenciado en Ciencias da Información (rama de Publicidade) pola universidade do País Vasco, comeza facendo curtametraxes ata que no ano 1987 debuta nas longametraxes con Tu novia está loca, comedia de enredo. No ano 1991 dirixe Todo por la pasta, unha das poucas incursións do cine español, e a primeira de Urbizu, no thriller.
Xa instalado en Madrid, dirixe dúas comedietas mais: Cómo ser infeliz y disfrutarlo (1994) e Cuernos de mujer (1995). Nesa época coñece a Arturo Pérez-Reverte. Así, adapta unhas das súas novelas, Cachito (1996) e encárgase do guión de La novena puerta (1999), dirixida por Roman Polanski.
No ano 2002 volve ao thriller con La caja 507, coa que consegue dous Goyas. Tras o drama La vida mancha (2003) e o segmento Adivina quién soy (2006) da produción para a TV Películas para no dormir, esta longametraxe No habrá paz para los malvados e xa aclamado coma a que probablemente sexa a súa mellor obra.

 CRÍTICAS
 “Fibroso e áspero thriller repleto de suxestións, reflexións e rudos momentos poéticos, difíciles de atopar no cine contemporáneo” (Antonio José Navarro, Dirigido por…)
“Unha vigorosa mostra de cine negro contido e contundente como poucas se ven no panorama español” (Eulàlia Iglesias, Público)
“A crible e magnética negrura de Urbizu (…) posúe un arte apabullante para contar unha intriga complicada (…) A presenza e economía xestual de Coronado impresionan” (Carlos Boyero, El País)

lunes, 6 de febrero de 2012

EL HOMBRE DEL TRAJE BLANCO 10-02-2012

EL HOMBRE DEL TRAJE BLANCO
(PROXECCIÓNS EN V.O.S.E.)
AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
10/02/2012 20:00 e 22:30

SINOPSE
 Un xoven inventor chamado Sydney Stratton consegue tras arduos esforzos crear un novo tecido irrompible e impoluto.

Porén, a ledicia inicial tórnase en desgusto cando, tanto os empresarios, coma os traballadores da industria téxtil se poñen de acordo para impedir a fabricación e difusión do novo tecido, pois os primeiros temen a ruína das súas empresas, e os segundos a perda dos seus postos de traballo.

Título Orixinal: The man in the white suit Duración: 85’
Ano: 1951               País: Inglaterra    
Idioma: Inglés, subtitulado en Español


Tráiler en Inglés
O director, Alexander Mackendrick (Boston, EEUU, 1912 – Los Angeles,  EEUU, 1993)

Un dos mais distinguidos directores da industria británica, naceu realmente nos Estados Unidos, aínda que creceu na Escocia natal dos seus pais. Alí estudou na Escola de Artes de Glasgow, e comezou coma ilustrador comercial e facendo os seus primeiros traballos no cine de animación. Pronto pasou a dirixir documentais e escribir guións. O seu salto á dirección foi Whisky Galore (1949), á que seguiu esta El hombre del traje blanco (1951). Dentro da produtora Ealing dirixiu a que probablemente sexa a súa película mais coñecida: El quinteto de la muerte (1955).
Xa en Hollywood fixo traballos con grandes estrelas coma Burt Lancaster (Chantaje en Broadway, 1957) ou Anthony Quinn (Viento en las velas, 1965).
Tras retirarse do cine con No hagan olas (1967), foi o decano do Departamento de Cine do Instituto de Artes de California ata o seu pasamento en 1993.
Alec Guinness en The man in the white suit (1951)

A produtora Ealing

Trala 2ª Guerra Mundial, os estudios Ealing especializáronse nun tipo de comedia que causaría furor nos anos 40 e 50 do século pasado. As súas películas, negrísimas, tronchantes, de trama habitualmente insólita e cun tratamento da morte moi alonxado da transcendencia, son aínda hoxe un modelo de humor intelixente para todo tipo de público. (Javier Ocaña, El País). 


Descarga a ficha da película en: http://dl.dropbox.com/u/56610469/48%20-%20El%20hombre%20del%20traje%20blanco.pdf

sábado, 4 de febrero de 2012

Ciclo XOCIVIGA En Curto

I CICLO XOCIVIGA EN CURTO. NIVEL GALEGO
(24 e 25 de febreiro de 2012)
Despois de que varias persoas de fóra do Carballiño nos preguntasen se podían presentar curtametraxes súas, a dirección do Cineclube Carballiño decidiu estender esta actividade a nivel autonómico. Con isto queremos dicir que calquera persoa que sexa galega ou habite en Galicia pode presentar curtametraxes. 

Fárase unha selección das que nos cheguen. Podédelas subir a algún servidor de internet e pasarnos a ligazón, sendo esta a opción preferible. Aínda que se o desexades, poderiamos mirar a posibilidade de que nos mandásedes en formato físico as curtas.

O tema é libre.
Poden estar tanto en galego como en castelán, ou incluso noutro idioma sempre que teñan os correspondentes subtítulos.

A data limite para presentar as curtametraxes será o día 20 de febreiro, xa que as proxeccións das mesmas serán os días 24 e 25 de febreiro, nunhas horas aínda por determinar.
A exhibición será no Auditorio Municipal de Carballiño.


Calquera dúbida así como as ligazóns ás vosas obras, podédenolas facer chegar mandando un correo electrónico a cineclubecarballino@gmail.com.

Esperamos que participedes! 

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años